DisplayPort 2.0 será compatible con monitores con resoluciones superiores aos 8K
mércores, 26 de xuño do 2019
As resolucións do vÃdeo crecentes fan que as tecnoloxÃas de
comunicación entre os equipos e as pantallas teñan que evolucionar a pasos axigantados,
e para manter este pulo dende VESA (Video Electronics Standards Association) veñen
de anunciar a versión 2.0 do estándar de audio e vÃdeo DisplayPort, que
supón o principal cambio deste estándar dende marzo de 2016 e que suporá até
multiplicar por 3 o largo de banda fronte aos cables DisplayPort 1.4a. Temos
asà que DisplayPort 2.0 permitirá resolucións máis aló do 8K, velocidades de
refresco maiores, HDR, soporte mellorado de realidade aumentada e tamén un
mellor funcionamento para varios monitores á vez.
O DisplayPort 2.0 funcionará tanto a través de conectores nativos DisplayPort
como a través de conectores USB-C, conservando tamén a compatibilidade con
anteriores versións de DisplayPort. Iso si, aÃnda que o estándar estea xa
aprobado non se espera que cheguen ao mercado produtos compatibles ata finais
de 2020 (o que non ningún drama, xa que polo momento apenas hai no mercado contido
audiovisual en 8K e produtos que poidan reproducilo, polo que a demanda de
resolucións superiores aÃnda é moi reducida.
Con DisplayPort 1.4a podÃa chegarse a un largo de banda de 32.4 Gbps sumando 4
pistas a 8,1 Gbps, mentres que con DisplayPort 2.0 podemos é posible acadar
comunicacións ata a 77,37 Gbps, converténdose non primeiro estándar en soportar
resolución 8K (7.680 x 4.320 pÃxeles) a 60 Hz con resolución de cor 4:4:4 e 30
bits por pÃxel (para soportar HDR-10).
Como exemplos de configuracións de pantalla con DisplayPort 2.0 terÃamos unha
pantalla de 16K (15.360 x 8.460 pÃxeles) a 60 Hz e 30 bits por pÃxel con cor
4.4.4 con HDR, un monitor 10K a 60 Hz con cor de 24 bits e 4.4.4 (sen compresión);
tamén poderiamos conectar 2 monitores 8K á vez a 120 Hz e 30 bits por polgada a
4.4.4 HDR ou 2 monitores 4K a 144 Hz e cor de 24 bits por pÃxel e 4.4.4 (sen
compresión); podendo incluso gozarse de 3 monitores 10K a 60 Hz e 30 bits por
pÃxeles e cor 4.4.4 HDR ou 3 monitores 4K a 90 Hz con cor a 30 bits por pÃxele
e cor 4.4.4 HDR (sen compresión).
No caso de aproveitar as dúas pistas dun conector USB-C a través de DisplayPort
2.0 teriamos a posibilidade de conectar 3 monitores 4K a 144 Hz, 30 bits por pÃxel
e cor 4.4.4 HDR, aÃnda que de contar cun único monitor o máximo configurable
serÃa un monitor 8K a 30 Hz con 30 bits por pÃxeles e cor 4.4.4 HDR.
