Edisa aplica os seus servizos na empresa lÃder do eido farmacéutico almeriense
xoves, 20 de xuño do 2013
A
compañÃa española Edisa -fundada en 1983- ten como principal obxectivo o desenvolvemento de
solucións e servizos de xestión empresarial. Unha das súas
plataformas, a denominada Libra,
foi o ERP que vén de ser elixido por HEFARAL
(Hermandad Farmacéutica Almeriense), empresa do sector da
distribución farmacéutica. Deste xeito, HEFARAL servirase de Libra
como ferramenta para cubrir todos os seus procesos de negocio e
xestión. Pois Libra é unha plataforma de xestión empresarial que
achega as prestacións dos principais produtos do mercado tecnolóxico
actual, coa vantaxe engadida de que cubre de maneira axeitada os
requisitos especÃficos do sector, tanto na área loxÃstica coma na
que atinxe á normativa e lexislación que rexe a actividade do
sector farmacéutico.
Asemade,
Libra inclúe un conxunto de aplicacións totalmente integradas para
cubrir os procesos de negocio e os de xestión cunha elevada
capacidade de adaptación ás necesidades de cada empresa. Engadir
que funciona en modo cliente-servidor ou mediante acceso desde un
navegador en todas as súas funcións.
O
afianzamento de Libra en HEFARAL desenvolveuse ao longo de doce
meses, durante os cales se aplicaron os módulos: financeiro, sección
de crédito, aprovisionamento, loxÃstica e vendas. Amais disto,
deseñouse un plan de probas especÃfico co gallo de garantir unha
axeitada posta en produción para non perder ningún dos servizos
achegados aos socios de HEFARAL.
"Un
dos alicerces nos que se baseou a introdución de Libra en HEFARAL
foi a formación" e, como sinala o xerente de HEFARAL -Jesús
Azcona-, "a integración por parte do provedor, neste caso Edisa,
que foi importante. O equipo destinado ao proxecto traballou co
director do proxecto, durante todo o proceso de implantación,
conseguindo que non se perciba a fronteira cliente-provedor".
Por
último, dicir que a dÃa de hoxe Libra conta con máis de 500 casos
de éxito en 60 sectores de actividade diferentes, sendo lÃder a
nivel nacional nalgúns destes, como distribución farmacéutica,
pesca e conxelados ou extrusión de aluminio.
