empresas
Coremain, nos novos encontros de Microsoft
A empresa galega Coremain vén de participar activamente na nova edición Microsoft Tech Summit Madrid, un referencial punto de encontro para os profesionais das tecnoloxías da información do ámbito estatal e europeo, coas tecnoloxías do xigante de Redmond no punto de mira pero tamén outras complementarias. Á cita asistiron, por parte da firma galega, Manuel (...)
Ler máisTodo o que quixemos saber sobre as posibilidades de Power Bi, en novembro da man de Vitae
Este outono o panorama de formación tecnolóxica galega é unha fonte de oportunidades para converternos en mellores e máis formados profesionais do ámbito TIC. Algunhas das actividades van directamente encamiñadas a permitirnos dar pasos firmes no camiño da excelencia profesional. Por exemplo a sétima edición do curso Power BI: Visualización e Data Storytelling, (...)
Ler máisVitae aproxímanos novamente ás boas prácticas de desenvolvemento e operacións da biblioteca ITIL
Se nos ocupamos de desenvolver software, necesitaremos de algo máis que obxectivos claros e formación avanzada. Necesitaremos pautas, claves previamente establecidas e unha metodoloxía de traballo que deixe a mínima marxe posíbel para o impreciso e o indeterminado. Acadar formación neste punto segue a ser fundamental para conseguir os mellores resultados no (...)
Ler máisSIVSA renova as licenzas FileNet da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra, por terceiro ano consecutivo, vén de confiar na empresa galega SIVSA, con sede en Vigo en centrada no subministro de tecnoloxías dixitais avanzadas, en relación á renovación das licenzas para a xestión de contidos FileNet. A firma TIC resultou adxudicataria do contrato para este ano 2019, que inclúe unha contía de 27.764,66 euros. O (...)
Ler máisTodo o que precisamos saber para converternos en comunicadores eficaces, ao detalle nun curso de Vitae
Os datos dunha empresa, dun proxecto, son relevantes, pero de nada serven sen unha boa xestión dos mesmos, sen nitidez na comunicación e sen a claridade debida. Isto que é perfectamente válido en calquera ámbito de actividade, cobra unha especial importancia no ámbito das novas tecnoloxías, especialmente suxeito a cambios, actualizacións, incorporacións e (...)
Ler máisGestamp leva a tecnoloxía galega de CO2 Smart Tech ás súas plantas de norteamérica
A epresa galega CO2 Smart Tech, con sede en Oleiros e especializada en tecnoloxías intelixentes para acadarmos a meirande eficiencia enerxética, formalizou un importante acordo con Gestamp, compañía referente a nivel internacional en materia de fabricación de compoñentes de metal para o eido do automóbil. Gestamp decantouse pola experiencia e innovación da (...)
Ler máisA galega authUSB pecha a súa primeira rolda de investimento cunha inxección de 250.000 euros
A empresa galega authUSB, impulsada para facernos avanzar en ciberseguridade (nestes tempos de máis teletraballo, máis teledocencia, máis eAdministración e máis actividade empresarial e comunicativa na Rede), vén de pechar a súa primeira rolda de investimento con Marine Instruments SL como principal fornecedor de financiamento. A operación, a primeira rolda de (...)
Ler máisAs TIC tamén foron protagonistas da sétima Xornada de Negocios de AEMOS
A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), xunto coa do Deza e Polígono de San Cibrao, celebraron o pasado 7 de xuño a súa sétima Xornada de Negocios. Na nova convocatoria participaron 52 empresas das contornas que cobren as ditas entidades (Mos, O Porriño, Vigo, O Deza e Ourense). O programa incluíu conferencias, presentacións e mesas de traballo sectoriais (...)
Ler máisAbanca e Microsoft impulsan o desenvolvemento da tecnoloxía blockchain en Galicia
Baixo o título de Revelando o potencial de blockchain esta mañá Abanca e Microsoft celebraron un evento no que analizaron o presente de blockchain, a tecnoloxía que está a cambiar as transaccións dixitais ao permitir o intercambio de calquera activo dixital de forma segura optimizando procesos, eliminando intermediarios, aforrando custos e reducindo posibles (...)
Ler máisMovistar atendeu 100 mil chamadas en Galicia a través do seu servizo de atención prioritaria para maiores
Movistar fixo balance do acadado a través do seu servizo de atención prioritaria para maiores ao longo desta pandemia, unha ferramenta que, segundo apunta a operadora, foi de especial utilidade para responder ás principais necesidades deste colectivo e facilitarlles os trámites que se realizan a través dos teléfonos de información e avarías. Movistar sinala (...)
Ler máis0 | ... | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | ... | 680