Entra na recta final o prazo de presentación de vÃdeos da edición máis dixital de Enreguéifate
martes, 28 de abril do 2020
As
nenas e nenos queren regueifar e cantar e as redes permiten sortear a
imposibilidade de xuntarse para facelo. Na Rede está en activo dende
uns anos o certame Enreguéifate, impulsado polos Concellos
de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo co
obxectivo de reivindicar en Internet (a través das redes sociais e
da páxina www.enregueifate.gal)
o cantar rexoubeiro e retruqueiro da regueifa e as súas importantes
posibilidades de expresión, comunicación e interactividade.
Se
ben as anteriores edicións foron un éxito de participación e
repercusión (con centos de vÃdeos recibidos en cada convocatoria)
existÃan dúbidas sobre se a pandemia e o peche dos colexios Ãan
permitir a continuidade normal da iniciativa. Finalmente esta seguiu
adiante con forzas renovadas grazas a incidir no que foi, dende o
comezo, o seu medio natural: as novas contornas tecnolóxicas.
Quen
está detrás, inscricións e bases
Os
concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo
convocan o certame Enreguéifate que pretende apoiar e difundir a
regueifa como forma de improvisación oral e contribuÃr á promoción
do uso da lingua galega.
As
inscricións están abertas ata o 29 deste mes de abril, ou sexa,
ata este mércores.
Nesta
edición, establécense dúas categorÃas: unha xeral, para calquera
persoa, e outra escolar, para alumnado dos centros educativos galegos
non universitarios.
A
participación é aberta e de balde e concrétase co envÃo dun vÃdeo
no que, cando menos, dúas persoas aparezan regueifando en lingua
galega.
Os
vÃdeos enviaranse a
través da web de Enreguéifate xunto co formulario de inscrición
cuberto que se atopa na propia páxina.
Establécense
os seguintes regueipremios para cada categorÃa:
·
Regueifa máis brava: valoraranse os vÃdeos cun xeito de regueifar
máis ousado, garboso, festeiro e divertido.
·
Regueifa máis aguda: valoraranse os vÃdeos máis enxeñosos,
creativos e orixinais desde o punto de vista estético.
·
Regueifa máis diversa: valoraranse os vÃdeos nos que haxa maior
heteroxeneidade entre as persoas participantes en canto a sexo,
idade, nacionalidade, etcétera.
·
Regueifa máis reivindicativa: valoraranse os vÃdeos cunha temática
crÃtica ou satÃrica, tendo tamén en conta o tratamento de asuntos
de actualidade.
·
Regueifa mellor cantada: valoraranse os vÃdeos nos que se demostre
unha mellor entoación, anación e ritmo musical.
·
Regueifa mellor falada: valoraranse os vÃdeos nos que se demostre
unha mellor calidade lingüÃstica, tendo en conta o uso coidado,
correcto e non sexista da lingua galega en todas as súas variantes
dialectais.
