Esta semana sae á venda o iPad Pro
luns, 9 de novembro do 2015
Xa van un par de meses dende a presentación
mundial do iPad Pro, pero finalmente xa sabemos que esta mesma semana
chegará ás tendas un dos produtos máis rumoreados de Apple, e que máis se
resistiu en ver a luz: un iPad con pantalla de 12,9 polgadas. Os pedidos en
liña deste produto abriranse o mércores, chegando ás tendas fÃsicas a finais de
semana, destacando non só polo seu tamaño de pantalla (que permite un maior
aproveitamento das novas funcionalidades de pantalla partida de iOS) senón
tamén por contar coa posibilidade de empregar un lapis dixitalizador como
método de entrada (pensando en usos creativos).
Esta tableta con pantalla de 12,9 polgadas cunha resolución de 2.732 x 2.048 pÃxeles
será bastante ben recibida por profesionais da imaxe, que terán asà un novo
xeito de ver os seus traballos e incluso crear, para o que tamén xoga un
importante papel o procesador A9X de 64 bits que fai que a tableta funcione cun
bo desempeño. Para a produtividade tamén contarase cun teclado fÃsico opcional
que facilite a entrada de texto, aÃnda que non parece que sexa a mellor opción
para este tipo de traballo (como veñen demostrando outros teclados Bluetooth
dispoñibles dende o lanzamento do primeiro iPad).
Para que o iPad Pro poida
callar no mercado será preciso que se consolide un público que considere
aceptable un tamaño tan grande, aÃnda que o seu peso conseguiu conterse
bastante (o modelo Wi-Fi só pesa 713 gramos, o que é moito menos que un
ordenador portátil, pero tamén queda lonxe dos 437 gramos dun iPad Air 2 ou os
298,8 gramos dun iPad mini 4); e tamén debe aceptarse o seu elevado prezo, xa
que en tal rango ten que competir con ordenadores portátiles de alta gama e
produtos máis versátiles coma os Surface Pro de Microsoft.
Precisamente sobre o prezo en España Apple
confirmou hoxe que o iPad Pro de 32 GB con Wi-Fi custará 899 euros, mentres
que o modelo máis avanzado, o de 128 GB con banda larga móbil, chegará até aos
1.229 euros; prezos aos que haberÃa que engadir 109 euros do Apple Pencil e 179
euros do Smart Keyboard en caso de querer gozar da experiencia completa (o que
xa superarÃa os mil cincocentos euros).