Expertos en robótica danse cita en Santa Cruz
mércores, 8 de xuño do 2016
O Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, acolle ata mañá un
encontro cientÃfico de robótica organizada polos investigadores do Grupo
Integrado de EnxeñarÃa do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Dentro
deste marco, presentouse o ROBOBO, un robot autónomo realizado polos
investigadores deste grupo, cunha gran acollida entre os participantes deste
evento cientÃfico. Investigadores deste Grupo traballan no desenvolvemento
dunha nova xeración de robots que ademais de realizar accións básicas
programadas poidan incorporar procesos de aprendizaxe na realización das súas
habilidades.
A reunión de Santa Cruz é a segunda Hackademia e englóbase dentro do proxecto europeo DREAM, e consiste
nunha xuntanza de traballo que reúne a máis de 25 investigadores das cinco
universidades involucradas en dito proxecto: Université Pierre et Marie Curie (coordinadora), ENSTA ParisTech, VU
Amsterdam, Queen Mary University e Universidade da Coruña. Durante estes catro
dÃas, (a reunión comezou o luns), os investigadores realizarán diferentes
grupos de traballo nas liñas que enfronta o proxecto DREAM, todas elas
relacionadas coa incorporación de procesos de consolidación do coñecemento en
arquitecturas cognitivas para robots autónomos. Algúns destes grupos centraranse
en aspectos máis teóricos do proxecto mentres que outros estarán enfocados á
realización de demostracións prácticas con robots.
O Grupo Integrado de
EnxeñarÃa (GII) é un grupo interdisciplinar de investigación aplicada en
enxeñarÃa, orientado á transferencia de coñecemento e á xeración de novos
produtos no contorno industrial. O GII, desde a súa creación en 1999, está
ubicado no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Está formado por un
conxunto interdisciplinar de profesionais, configurando un equipo estable
con gran capacidade e experiencia. A súa orixe e vinculación ás Escolas de
EnxeñarÃa desta Universidade motiva un predominio desta disciplina no perfil
dos técnicos: enxeñeiros navais, industriais, eléctricos, informáticos,
telecomunicacións, deseño, etc. A actividade do GII céntrase arredor de dous
eixos estratéxicos: a xeración de coñecemento cientÃfico e a transferencia de
tecnoloxÃa á industria. A investigación cientÃfica estrutúrase a través das
seguintes liñas: EnxeñarÃa Naval, Dinámica de FluÃdos, Intelixencia
Computacional, Robótica, Sistemas de Medida e Sensorización e Organización Industrial.
Grazas aos máis de douscentos proxectos de investigación desenvolvidos, o GII está
posicionado como un grupo de referencia nos seus ámbitos de actuación,
establecendo colaboracións estables con organismos relevantes nacionais e
internacionais. A través dun adecuado proceso de transferencia, os resultados desta
investigación impulsan o desenvolvemento de numerosas solucións tecnolóxicas
en sectores tales como o Naval, Off-Shore, EnerxÃa, Servizos Avanzados,
Industria ou LoxÃstica.
