Filtran imaxes da versión restaurada do Galaxy Note7

venres, 7 de abril do 2017 Marcus Fernández

O retorno ao mercado do Samsung Galaxy Note7 en formato restaurado podería estar máis preto do que esperábamos, pois unha páxina web vietnamita vén de publicar imaxes do que parece que sería este dispositivo, dando a entender que precisamente chegaría inicialmente aos mercados emerxentes de Asia, e sería practicamente igual que o modelo orixinal, mudando nun par de factores: o seu identificador de modelo sería SM-N935 (en vez de SM-N930) e a súa batería sería de só 3.200 mAh (fronte aos 3.500 mAh das baterías explosivas).
Entendemos así que Samsung está a ser prudente coas baterías da terceira remesa de Galaxy Note7 que se porían en circulación, para evitar os problemas que xurdirían de producirse algún incidente incendiario por mor dos novos teléfonos dos que aínda non se coñece unha relación de países nas que se venderán (quedando desbotada xa a súa venda nos EE.UU.).