Finetwork ofrecerá 5G nos vindeiros meses
luns, 11 de setembro do 2023
De cara á fusión
entre Orange e MásMóvil prevese que a compañía resultante teña que vender as
súas infraestruturas redundantes, o que chaman remedies, e aínda que se espera
que varias empresas aspiren a facerse con estas infraestruturas, cada día
parece máis claro que será Digi quen faga tal, xa que Finetwork vén de admitir
que non prevé apostar por facerse cunha grande infraestrutura de seu, e por iso
vén
de prolongar o seu acordo con Vodafone.
O conselleiro delegado de Finetwork, Óscar Vilda, recoñece as negociación co
seu «provedor de referencia», co que tiñan un acordo que caducaba en abril, e
que finalmente durará 5 anos máis, engadindo prerrogativas no negocio da fibra
e un cambio moi importante: acceso á rede 5G.
Deste xeito é de agardar que nos vindeiros meses Finetwork, operadora cunha das
ofertas de mercado máis agresivas, engada aos seus móbiles prestacións 5G, o
que supón unha importante mellor con respecto a competidores como Digi, que
aínda está a traballar actualmente en ofrecer VoLTE, e non ten previsión para a
implantación da 5G.