GAIN inaugura un ciclo para acelerar a transferencia tecnolóxica
venres, 30 de abril do 2021
A
Xunta
de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN),
inaugurou
este 30 de abril o
primeiro ciclo de Encontros de Transferencia e Innovación,
que reúne a empresas do ámbito loxístico e centros de coñecemento
para afondar no reto climático.
A
iniciativa forma parte do programa Ignicia e pretende promover a
transferencia de resultados da investigación xerada nos centros de
coñecemento galegos cara o tecido produtivo, e contribuír así á
rendibilidade económica e social do investiamento
en ciencia.
A
directora de GAIN, Patricia Argerey, afirmou que “o obxectivo é
poñer en contacto aos diferentes axentes do ecosistema galego de
innovación, co fin de estudar as necesidades e as capacidades para a
definición de proxectos colaborativos orientados a xerar solucións
aos desafíos cada vez máis complexos aos que se enfronta o tecido
empresarial galego”. De feito, “trátase de converter en valor
económico o potencial da I+D+i galega a través de solucións
innovadoras comercializadas ou incorporadas polas empresas”.
Cabe
mencionar que as empresas galegas, xunto coas vascas, ocupan os
primeiros postos en canto a innovación en colaboración con outros
axentes. Por iso, a Xunta de Galicia ven impulsando isto, co
obxectivo de mellorar a innovación e avanzar a un modelo económico
máis baseado no coñecemento e con maior valor engadido.
En
concreto, o primeiro ciclo celebrarase entre os meses de abril e
xullo e xirará en torno aos retos ambientais. O 30 de abril
tratarase o tema do reto climático para o sector loxístico, mentres
que o 16 de xuño centrarase no sector agroalimentario. Doutra banda,
o 19 de maio falarase do reto circular que afronta o sector téxtil
e o 7 de xullo dedicarase ao ámbito da construción.