Artigos desta sección
SensorFreshQ, un nariz moi xeitoso que arrecende o estado dos alimentos
Supoñamos que estamos acatarrados logo de pasar a noite ó frío e que polas nosas ulideiras non entra absolutamente ningún tipo de arrecendo (nin bo nin malo, é o que ten) e supoñamos asemade que temos que cociñar unha pescada que leva no frigorífico un par de semanas (neste caso non faría falla cheirar o alimento porque é de supoñer que estará en mal estado) e (...)
Ler máisVerbatim aumenta a capacidade do seu disco duro portátil
A tecnoloxía é como a teoría da evolución, pero sen erguer o pe do acelerador. Quen ande ben esperto poderá albiscar nun trebello calquera de hoxe en día a feitura e as características que terá dentro de cinco anos. Por exemplo: cando hai anos vimos os primeiros móbiles que eran como as radios dos soldados da Segunda Guerra Mundial, pensamos: isto non pode ser (...)
Ler máisTeclado reversible para darlle máis vida ó sistema
Quen non tivo algunha vez unha zamarra reversible? Que tempos aqueles nos que mercar dúas chaquetas distintas nunha soa peza contribuía tanto a facérmonos máis doado o noso día a día! Por que pasarían de moda? É que os fabricantes non caeron na conta de que a demanda aínda non está cuberta? Co útil e cómodo que era revirar a peza de cando en vez para variar un (...)
Ler máisMóbil especial para labregos con tractor
Os móbiles, coma os traxes, tamén che poden acaer ben ou mal, e a industria semella cada vez máis interesada en facelos á medida das nosas teimas. Non imos falar aquí de móbiles deseñados para unha persoa determinada e incluíndo de fábrica o seu nome e os seus apelidos (a cousa non chega a eses límites de exhaustividade), pero si que se están a ver xa aparellos (...)
Ler máisAmplificador para compartir co mundo a música do iPod
Os trebellos para escoitar música hoxe en día son, cada vez máis, trebellos para empregar en soidade (e que ninguén entenda mal este comentario). O caso é que tanto o iPod como os restantes aparellos cos que podemos reproducir cancións baixaxas pola Rede raramente deixan marxe para unha manipulación compartida, e semellan máis ben feitos para protexernos das (...)
Ler máisOlympus presenta unha radio que pode gravar até 2.500 horas de programas
Nestes tempos que corren, xa non chega con ver a televisión, escoitar a radio ou visitar unha web. Temos que almacenar o que vemos ou escoitamos ou, polo menos, ter a seguridade de que se nos peta gardar toda esa información, poderemos facelo (aínda que logo non o fagamos nunca). O caso é que hai coleccionistas de todo tipo, e hai a quen lle gusta gravar a (...)
Ler máisGadget para ter o móbil sempre á man... (ou ó pé)
“Busque, compare e se atopa algo mellor... mérqueo”... así se anunciaba hai uns cantos anos un coñecido deterxente que ainda hoxe perdura nas nosas mentes; un slógan coma este, claro, sinxelo e directo que fixo que as vendas do producto aumentaran considerablemente, faríalle boa falta a este gadget (inútil?) que apareceu da nada nas nosas pantallas (bueno, non (...)
Ler máisSistema de autodestrución para escorrentar espías dos computadores
Esta tecnoloxía da que falamos agora aquí é ideal se temos o computador cheo de imaxes nosas vestidos de cabareteiras ou con ligas e chapeu de chistera. Ou sexa: que teremos un disco duro que non nos gustará nadiña que nolo toquen. Polo tanto, este sistema chamado WT-Infoward II recupera para o noso solaz e tranquilidade aqueles tempos nos que nas historias (...)
Ler máisHome cinema con bar incluído (por se nos aburrimos)
A xulgar polo froito dos esforzos tecnolóxicos da casa Cal Spas, todo é susceptible de levar hoxe en día un home cinema. A bañeira de hidromasaxe (como sen non houbese cousas máis interesantes que facer que pórse a ver unha película), a piscina, a escaleira de man para traballar no tellado da casa ou mesmo o moble-bar doméstico co que levan soñando os (...)
Ler máisAparello para facer copias de seguridade do disco duro con so premer nun botón
Hai unha cousa que probablemente haxa que ter en conta cada día cando traballamos cun computador e este se converte na nosa principal ferramenta: o disco duro achega en moitos casos aquela parte do cerebro que nos falta ós que estamos ó seu carón. Tendo en conta isto, calquera cousa que poidamos facer para coidalo e para que se sinta cómodo e, sobre todo, (...)
Ler máis0 | ... | 6270 | 6280 | 6290 | 6300 | 6310 | 6320 | 6330 | 6340 | 6350 | ... | 6390