Artigos desta sección
Minicomputador con Linux para navegar pola Rede
Estes días estase a presentar polo mundo adiante o computador Linutop, un pequeno trebello a medio camiño entre as axendas electrónicas e os ordenadores persoais e que (ante todo) semella doado de carrexar (nestes tempos de mobilidade a toda costa e por riba de todos). O caso é que o computador Linux está especialmente deseñado para estar na Rede, e pouco (...)
Ler máisBañeira multimedia para melómanos preocupados pola súa hixiene
No baño e na ducha, téñense estragado moi boas cancións. E a cousa non ten visos de mellorar, mentres haxa firmas que poñen no mercado inventos como o da imaxe, unha bañeira coa que, ademais de consumir auga a esgalla, podes pór a proba a paciencia de veciños e familiares poñéndolle a segunda voz a unha boa listaxe de temas musicais, películas ou mesmo programas (...)
Ler máisDucha con achega de Vitamina C
Por se tomar un zume de laranxa natural tódalas mañás e dous ou tres kiwis ó longo do día non abondase como achega de vitamina C para o corpo, sae ó mercado a Sonaki Vitamin C Showerhead, unha alcachofa de ducha que grazas a uns filtros de cerámica que incorpora, fornece ó noso organismo de máis vitamina aínda. E non só iso: ademais, pode quitar até o 99 por (...)
Ler máisSensorFreshQ, un nariz moi xeitoso que arrecende o estado dos alimentos
Supoñamos que estamos acatarrados logo de pasar a noite ó frío e que polas nosas ulideiras non entra absolutamente ningún tipo de arrecendo (nin bo nin malo, é o que ten) e supoñamos asemade que temos que cociñar unha pescada que leva no frigorífico un par de semanas (neste caso non faría falla cheirar o alimento porque é de supoñer que estará en mal estado) e (...)
Ler máisVerbatim aumenta a capacidade do seu disco duro portátil
A tecnoloxía é como a teoría da evolución, pero sen erguer o pe do acelerador. Quen ande ben esperto poderá albiscar nun trebello calquera de hoxe en día a feitura e as características que terá dentro de cinco anos. Por exemplo: cando hai anos vimos os primeiros móbiles que eran como as radios dos soldados da Segunda Guerra Mundial, pensamos: isto non pode ser (...)
Ler máisTeclado reversible para darlle máis vida ó sistema
Quen non tivo algunha vez unha zamarra reversible? Que tempos aqueles nos que mercar dúas chaquetas distintas nunha soa peza contribuía tanto a facérmonos máis doado o noso día a día! Por que pasarían de moda? É que os fabricantes non caeron na conta de que a demanda aínda non está cuberta? Co útil e cómodo que era revirar a peza de cando en vez para variar un (...)
Ler máisMóbil especial para labregos con tractor
Os móbiles, coma os traxes, tamén che poden acaer ben ou mal, e a industria semella cada vez máis interesada en facelos á medida das nosas teimas. Non imos falar aquí de móbiles deseñados para unha persoa determinada e incluíndo de fábrica o seu nome e os seus apelidos (a cousa non chega a eses límites de exhaustividade), pero si que se están a ver xa aparellos (...)
Ler máisAmplificador para compartir co mundo a música do iPod
Os trebellos para escoitar música hoxe en día son, cada vez máis, trebellos para empregar en soidade (e que ninguén entenda mal este comentario). O caso é que tanto o iPod como os restantes aparellos cos que podemos reproducir cancións baixaxas pola Rede raramente deixan marxe para unha manipulación compartida, e semellan máis ben feitos para protexernos das (...)
Ler máisOlympus presenta unha radio que pode gravar até 2.500 horas de programas
Nestes tempos que corren, xa non chega con ver a televisión, escoitar a radio ou visitar unha web. Temos que almacenar o que vemos ou escoitamos ou, polo menos, ter a seguridade de que se nos peta gardar toda esa información, poderemos facelo (aínda que logo non o fagamos nunca). O caso é que hai coleccionistas de todo tipo, e hai a quen lle gusta gravar a (...)
Ler máisGadget para ter o móbil sempre á man... (ou ó pé)
“Busque, compare e se atopa algo mellor... mérqueo”... así se anunciaba hai uns cantos anos un coñecido deterxente que ainda hoxe perdura nas nosas mentes; un slógan coma este, claro, sinxelo e directo que fixo que as vendas do producto aumentaran considerablemente, faríalle boa falta a este gadget (inútil?) que apareceu da nada nas nosas pantallas (bueno, non (...)
Ler máis0 | ... | 6300 | 6310 | 6320 | 6330 | 6340 | 6350 | 6360 | 6370 | 6380 | ... | 6420