Artigos desta sección
Sun Visor Theater: DVD para o parasol do coche
Os aparellos reprodutores de DVD para o coche non son perigosos de por si. En realidade, son coma os mesmos coches: perigosos ou non dependendo do uso que se lles dea e o lugar no que se coloquen. O Sun Visor Theater é neste senso tan inofensivo coma bater cun martelo nunha granada de man. Poderíamos cualificado tamén de “caso aparte”, posto que vén (...)
Ler máisFíos de aparellos electrónicos, convertidos en deseño
A tecnoloxía, definida por un neno de poucos anos, ben podería ser algo así: cousas que hai pola casa que fan ruído, que escintilan e que teñen moitos fíos nos que teño prohibido fedellar. Dito doutro xeito, que os fíos semella que non hai quen nolos quite de en medio. Perante unha realidade tan adversa, o enxeño (e a resignación) está a dar certos froitos (...)
Ler máisGTX Xplorer: botas de aventura con GPS incorporado
O GPS (o Sistema Glogal de Navegación por Satélite) xa hai tempo que aparece onde menos agardamos que apareza e para as funcións máis insospeitadas. Porén, hai unha chea de obxectos de uso cotián que se afán mellor a incluír GPS ca outros. Por exemplo: a ninguén (cremos nós) se lle vai ocorrer poñer un sistema de localización por satélite nun secador do pelo. (...)
Ler máisVision Board II: teclado para persoas con problemas de visión
Este teclado que presentamos é ideal para facilitarlle un pouco a vida a todos aqueles usuarios das redes da información que levan anos loitando con todo tipo de empresas, institucións e particulares para acadar un mundo no que non haxa que traballar ou navegar a dous centímetros da pantalla, co nariz apegado. Ben: o aparello, que ten teclas de 2,5 (...)
Ler máisUn estudo di que os homes de EE UU queren máis ó seu iPod cá súa parella
Hai unha cousa que semella non ter fin: as estatísticas parvas e sen utilidade aparente sobre as preferencias dos usuarios da Rede. Unha das máis recentes e certamente rechamantes é a que reflicte estes días Engadget e na que se informa de que o 65% dos habitantes de Estados Unidos dedica máis tempo ó seu computador persoal cá súa dona. Amais, segundo se (...)
Ler máisLG lanzará en breve un reprodutor dual de HD DVD e Blu-ray
No eido da tecnoloxía (e noutros eidos seguro que tamén), unha das teimas máis preocupantes das empresas e insistir día tras día no moito que están a traballar polo noso benestar, por facernos a vida máis doada e agradable. Porén, moi poucas se preocupan de darlle unha saída sostible e axeitada ós seus produtos unha vez que xa non cumpren a súa función (os países (...)
Ler máisCan de Palleiro: novo espazo de discusión galego libre e participativo
Se tivésemos que falar dunha nova xeración de galegos que apostan polo cambio social (deixar atrás de xeito definitivo o caciquismo), a defensa da súa identidade (cultura, paisaxe, lingua), o traballo colectivo (ombro con ombro recollendo fuel nas praias ou manifestándose contra o lume) e o espírito crítico perante calquera partido político, probablemente –no (...)
Ler máisSamsung desenvolve baterías para portátiles con enerxía para un mes
A principal razón de ser dos computadores portátiles, que é precisamente a súa portabilidade, vén de recibir un importante pulo da man de Samsung, empresa de tecnoloxía que asegura ter desenvolvido unha batería que subministra enerxía todo un mes e sen necesidade de achegármonos a unha toma de corrente. Segundo se di en CanalPDA (facéndose eco de informacións (...)
Ler máisUn reprodutor multimedia que pode funcionar coma pantalla secundaria en Windows Vista
O novo sistema operativo de Microsoft, o Windows Vista, incorpora unha nova funcionalidade que comeza a dar os seus froitos e que se coñece coma SlideShow, consistente na posibilidade de empregar pantallas secundarias para amosar reprodutores multimedia ou pequenas aplicacións (widgets). Como expoñente desta característica de Vista, MSI presentou o seu (...)
Ler máisSamsung presenta o móbil HSDPA máis delgado do mundo
A banda larga dende o móbil é unha realidade grazas á tecnoloxía HSDPA que mellora as conexións UMTS normais superando o megabit de datos transferidos por segundo, e que está a crear unha nova canle de comercialización de servizos de datos (principalmente para o acceso á Internet) que se ve enriquecido con novos terminais telefónicos coma o SGH-Z720 de Samsung, (...)
Ler máis0 | ... | 6320 | 6330 | 6340 | 6350 | 6360 | 6370 | 6380 | 6390 | 6400 | ... | 6420