Galiciencia celebra un concurso de fotografía en Instagram

luns, 12 de abril do 2021 Sandra Rivadulla

Galiciencia, a maior feira científica galega, celebra a súa 16° edición do 26 ao 28 de maio. De novo, será online por mor da COVID - 19. Este ano, a feira contará cun concurso de fotografía, que xa ten aberto o prazo por medio de Instagram. Nel poderá participar o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España. O concurso xira en torno a innovación postCOVID a través da revolución do talento. Polo tanto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionados con este tema.
O número máximo de fotos que se poden presentar por persoa é de 3. Estas poden realizarse en branco e negro ou en cor. É fundamental que os participantes sexan os autores das mesmas.
As personas interesadas en participar, precisan subir as fotografías a Instagram etiquetando a Galiciencia co cancelo #concursogalicienciaonline2021. Os participantes deberán sinalar o centro educativo ao que pertencen.
O prazo de presentación das imaxes comeza hoxe, 12 de abril, e remata o 28 de maio. A resolución do xurado farase pública o 4 de xuño e o gañador recibirá un diploma e un obsequio.

PUBLICIDADE