GoPro VR achega vídeos en 360 graos producidos con cámaras GoPro

luns, 18 de abril do 2016 Marcus Fernández

Na feira NAB de Las Vegas está presente estes días GoPro, aproveitando o encontro para amosar aos profesionais as súas solucións de realidade virtual, tecnoloxía para a que non cesa de ampliar o seu catálogo con produtos como o array de 16 cámaras dispostas en 360 graos Odyssey, ou o máis manexable array de 6 cámaras dispostas en forma de cubo Omni, e para potenciar estes produtos presenta agora GoPro VR, unha plataforma para ver e compartir contido inmersivo en liña, de xeito que podemos atopar aí unha selección de vídeos en 360 graos rexistrados con cámaras GoPro, e que poden verse directamente na web, pero tamén a través de aplicacións móbiles, sendo posible empregar tamén as solucións como o cartón de Google para poder gozar destes vídeos a xeito de realidade virtual.
Durante o NAB 2016 GoPro tamén está a presentar á industria audiovisual solucións personalizadas para poder facilitar a transmisión de vídeo sen fíos que facilitarán a produción de retransmisións de vídeo en 360 graos en directo, que confían en que en poucos meses podamos ver en acción en distintas competicións de motor.

A GoPro Omni permite producir contido de 360 graos de xeito moi versátil

PUBLICIDADE