Google Analytics e Arduino centran os novos obradoiros de SmartPEME
martes, 11 de outubro do 2022
A
Deputación de Pontevedra, a través do
programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana
tres novas accións formativas impartidas de xeito online,
enmarcadas na súa carteira de obradoiros transformadores para
pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e cidadanÃa en
xeral. As accións tratarán temas como o uso da VPN en
ciberseguridade, o aproveitamento de Google Analytics e programación
con Arduino.
As
actividades formativas de SmartPEME
desta semana comezaron este luns da man de Manuel Freire, experto en
Robótica, programación e impresión 3D, que foi o encargado de
impartir o obradoiro Ciberseguridade, uso da VPN, cuxo
obxectivo foi fomentar o uso das VPN, por que debemos usar unha VPN,
de que forma nos protexe o uso de VPN.
O
martes é a quenda de Google Analytics para a toma de decisións,
un taller centrado na importancia e o funcionamento desta ferramenta
para poder aproveitar correctamente todas as funcións das que se
pode facer uso. O obradoiro estará impartido por Esther Garcinuño,
diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de nova
mercadotecnia.
O
peche da semana de obradoiros será o xoves 13 de outubro, con
Programación con Arduino I. Teórico I. O obxectivo é
iniciar aos presentes cunha das linguaxes de programación máis
populares actualmente como é Arduino, cunha serie de serie de
talleres teóricos en liña e talleres prácticos para experimentar o
aprendido. Esta formación componse de 4 talleres, 3 deles teóricos
online e un cuarto taller práctico presencial de 4 horas. O curso
será impartido, de novo, por Manuel Freire.