Google estrea en probas a súa nova plataforma de publicidade en vÃdeos
xoves, 21 de febreiro do 2008
|
Google quere rendibilizar a súa compra de YouTube e comeza a
integrar publicidade nos vÃdeos nunha etapa de probas do servizo que se
coñecerá coma AdSense
for video, que permitirá ós creadores de vÃdeos a posibilidade de achegar
ingresos das súas obras.
A novo sistema publicitario pretende continuar coa polÃtica non intrusiva da
publicidade de Google, de xeito que os anuncios non interrumpirán o visionado
de vÃdeos, senón que se presentarán a xeito de sobreimpresións coas que o
usuario poderá interactuar.
Google tamén está a negociar con outros servizos de vÃdeo na web para que
empreguen a súa plataforma publicitaria.
Na web de Google tamén se poden ver algúns exemplos de
publicidade en vÃdeo, para que se poidan ir coñecendo os formatos que poderán
xeneralizarse en breve.