Google inicia á venda en España das súas chaves de seguridade Titan
martes, 18 de febreiro do 2020
Dende hai un par de anos Google defende
o uso de chaves de seguridade fÃsicas como un xeito de loitar contra o
roubo de contas de usuario, e aÃnda que esta tecnoloxÃa está dispoñible a
través de numerosos fabricantes, na tenda en liña de Google levaban bastante
tempo vendendo a Titan
Security Key, produto que vén
de chegar a Austria, Canadá, Francia, Alemaña, Italia, Xapón, SuÃza, Reino
Unido e España a través de tenda de Google, facilitando asà que poidamos
facernos unha destas chaves fÃsicas que poden adquirirse en varios formatos.
Por unha banda a chave de seguridade USB-C véndese a 45 euros, mentres que a
chave de seguridade Titan ten un prezo de 55 euros. Estas chaves permiten tirar
proveito da identificación de dous factores nas nosas contas de Google, de
xeito que son unha boa defensa ante o roubo de identidade, e dado que conta con
conectividade USB, Bluetooth e NFC poden empregarse nunha grande diversidade de
equipos, facendo moi accesible unha tecnoloxÃa cun nivel de seguridade dificilmente
superable, que ao poder adquirirse a través de Google pode conseguir un nivel
de confianza que leve aos usuarios a dar o paso de apostar por sistemas de
identificación tan seguros.