Grand Theft Auto V estrea o seu segundo trailer
mércores, 14 de novembro do 2012
Para animar
a espera de cara ao lanzamento na vindeira primavera do xogo Grand
Theft Auto V para Xbox 360 e PlayStation 3, dende Rockstar
Games lanza hoxe o segundo trailer oficial do xogo, que finalmente amosa
algo da historia que narrará a historia de 3 delincuentes no contorno da cidade
de Los Santos (versión ficticia de Los Ángeles), de xeito que por fin podemos
ver aos personaxes principais en acción, así como numerosas secuencias que dan
fe da intensidade que poderá agardar esta entrega da saga GTA, que parece estar a adaptarse moi ben á actual xeración de
consolas de videoxogos, aproveitando o detalle dos seus gráficos ao máximo.
GTA V aposta nesta ocasión polo mundo
aberto máis grande dos desenvolvidos por Rockstar ata o momento, superando
incluso a Red Dead Redemption, o que
de seguro que agradecerán os seguidores desta saga, que terán así maior
liberdade de movemento e posibilidades das que podemos facernos unha idea no
novo vídeo: tiroteos, persecucións, saltos ao baleiro, coches de tres... en
definitiva, unha experiencia moi cinematográfica, que nesta franquía conseguen
con éxito sen ter que guiar ao xogador a cada paso.
Segundo trailer de GTA V