Grande confusión ao redor dos selos de verificación de Twitter
luns, 3 de abril do 2023
Dende
Twitter anunciaran que o
1 de abril iniciarÃan a retirada dos selos de verificación de contas que non
pagasen por Twitter Blue, pero na práctica o único check que
borraron foi o da conta principal de Twitter de The New York Times (deixando
as súas contas secundarias como verificadas), movemento totalmente arbitrario
que responde á mala relación de Elon Musk co medio, o que considera
despectivamente como propaganda e «equivalente á
diarrea», defendéndose da discriminación que fai con eles asegurando que son «incriblemente
hipócritas» xa que o xornal insta aos lectores a subscribirse.
Este movemento de Twitter pode ser moi perigoso, pois cando un introduce na caixa
de busca «New York Times» ve como aparecen contas secundarias do medio
(verificadas) pero non a conta principal, polo que entendemos que unha vez que remate
a eliminación de checks aparecerán contas que non terán nada que ver co
medio, pero que si estean subscritas a Twitter Blue, facilitando a suplantación
de identidade e a difusión de falsidades.
A limpa de selos de verificacións parece estar a ser substituÃda temporalmente
por unha nova descrición destes checks azuis, que agora inclúen unha
lenda asegurando que «esta conta está verificada porque está subscrita a
Twitter Blue ou é unha conta verificada con anterioridade», ou sexa, que non
quere dicir nada, porque asà non hai xeito de saber se é unha conta relevante
ou simplemente dun usuario que paga mensualmente, o que, aparte de ambiguo tamén
é perigoso.
Cómpre salientar que unha boa parte dos usuarios máis relevantes de Twitter
aseguraron que non Ãan pagar por Twitter Blue (lembrando que non pediron nunca
o check azul e que realmente deberÃa ser Twitter quen lles pagase por
crear contidos na súa plataforma), e se as figuras máis destacadas carecen do selo
de verificación, este distintivo perderÃa todo o seu valor, polo que non serÃa
de estrañar que nas vindeiras semanas Musk anunciase que finalmente non vai
borrar as verificacións das contas con máis usuarios, como tamén aseguraron que
vai acontecer coas contas de empresa.
