Honor presenta en China os seus novos móbiles de alta gama
mércores, 30 de outubro do 2024
Os novos Xiaomi 15 e 15 Pro non van quedar como únicos expoñentes da potencia dos procesadores Qualcomm Snapdragon 8 Elite, senón que terán que enfrontar grande competencia por parte doutros fabricantes como Honor, que vén de presentar na China os smartphones Honor Magic7 e Magic7 Pro, que prometen ser dispositivos de grande potencia e excelente cámara, resultando difÃcil anticipar se cal das dúas marcas conseguirá a coroa dentro desta gama de dispositivos mentres non chegan os novos móbiles de alta gama de Samsung, previsiblemente no mes de xaneiro.
O Honor Magic7 é un potente smartphone con pantalla OLED de 6,78 polgadas cunha resolución de 2.800 x 1.264 pÃxeles e refresco variable entre 1 e 120 Hz, 12/16 GB de RAM LPDDR5X, entre 256 GB e 1 GB de almacenamento UFS 4.0, baterÃa de 5.650 mAh con carga rápida de 100 watts e carga por indución de 80 watts, Wi-Fi 7, Bluetooth 5.4 e un apartado fotográfico notable, con todas as súas cámaras de 50 MpÃxeles (a frontal e os tres obxectivos traseiros) e resistencia IP69. O seu prezo parte dos 4.499 iuans (582 euros) para a versión con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento e chegar aos 5.499 iuans (712 euros) para a versión con 16 GB de RAM e 1 TB de capacidade.
O Honor Magic7 Pro é unha versión máis completa, cunha pantalla OLED de 6,8 polgadas con resolución de 2.800 x 1.280 pÃxeles, baterÃa de 5.850 mAh e mellora na súa cámara con teleobxectivo, que pasa a ter un sensor de 200 MpÃxeles (polo que o seu zoom óptico de 3x pode capturar moitos detalles de suxeitos situados a grande distancia), asà como na súa cámara frontal (que incorpora un sensor de profundidade). Parte dun prezo de 5699 iuans (738 euros) para a versión con 12 GB de RAM e 256 de almacenamento, mentres que a versión con 16 GB de RAM e 1 TB de capacidade incrementa o seu prezo até os 6.699 iuans (867 euros).
Estamos ante unha proposta moi semellante á de Xiaomi en prestacións e prezo, polo que a guerra por chamar a atención do público será dura, e no caso europeo podemos entender que o éxito estará marcado polo prezo que teñan e a distribución (pois Honor ten unha presenza comercial bastante inferior á de Xiaomi).