Inician un proxecto para verificar as medicións dos radares de tráfico mediante GPS

xoves, 6 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Sede do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), dependente da Consellaría de Innovación e Industria, está a desenvolver un proxecto de I+D+i para dotarse da tecnoloxía necesaria para verificar no futuro os radares móbiles de tráfico. A tecnoloxía empregada combinará GPS, visión artificial e comunicación Bluetooth.
O LOMG tamén está a levar a cabo un proxecto de investigación para mellorar a súa capacidade de calibración de instrumentos de medición dimensional utilizados habitualmente pola industria. Os 2 proxectos mencionados contan co financiamento do Plan IN.CI.TE. cunha dotación total de 265.000 euros.
O proxecto relativo ós radares de tráfico pretende o deseño e construcción dun sistema que permitirá verificar os cinemómetros (tamén coñecidos coma velocímetros) contrastando as súas medidas coas realizadas mediante tecnoloxía GPS. A visión artificial se empregará para recoñecer as medicións dos distintos displays e a comunicación entre os diferentes módulos realízase mediante Bluetooth. Este proxecto ten unha duración de 3 anos e conta cun orzamento de 118.059 euros.

PUBLICIDADE