Lara Croft estrea xogo para iPhone e iPad

xoves, 16 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Tras o seu paso polas consolas de videoxogos domésticas coma título descargable, Lara Croft and the Guardian of Light chega á App Store en versións para iPhone/iPod Touch e para iPad, a prezos de 5,49 e 7,99 euros respectivamente.
O xogo amplía a franquía de Tomb Raider (pese a non levar o seu nome no título) conservando elementos propios da mesma como a exploración, as plataformas e os puzzles, presentando uns gráficos en perspectiva isométrica, cunha xogabilidade renovada e elementos tanto de cooperación coma de competición (valéndose de opcións Wi-Fi e Bluetooth para estes modos multi-xogador).
Lara Croft and the Guardian of Light está considerado coma un dos mellores xogos descargables para Xbox 360 e PlayStation 3, polo que a súa chegada a iOS é unha agradable nova para os que queiran gozar deste xogo en mobilidade.

PUBLICIDADE