Malpica recunca en setembro con dous novos cursos anti-fenda dixital
xoves, 18 de agosto do 2016
O Concello
de Malpica quere seguir favorecendo a formación tecnolóxica
(como tirar partido das redes, dos computadores e dos dispositivos
para mellorar a nosa vida diaria e estarmos mellor comunicadas/os)
entre a veciñanza, facendo especial fincapé nos colectivos en risco
de exclusión tecnolóxica. Por este motivo, xa case ao remate do
verán, no mes de setembro, o Consistorio retoma o programa
Conectad@s, que ten como obxectivo promover o coñecemento e a
utilización das novas tecnoloxÃas para contribuÃr á diminución
da fenda dixital de xénero.
A oferta formativa, posta en marcha pola área de
Igualdade dirixida por Marisol Blanco, inclúe
un curso de alfabetización dixital para mulleres e outro de novas
tecnoloxÃas para persoas maiores de 55 anos.
Celebraranse na
casa do Oleiro de Buño dende o 12 de setembro ata o 11 de
novembro. Os horarios determinaranse segundo as persoas inscritas.
Segundo informa o Concello, as persoas interesadas deben presentar a
solicitude de participación antes do 7 de setembro. Os grupos
serán de seis persoas como máximo. Para máis información ou para
inscribirse, as mulleres interesadas poden dirixirse ao departamento
de Servizos Sociais ou contactar coa técnica de Igualdade,
Patricia Vaquero, a través do número de teléfono 981 720 280.
