Max Payne 3 adíase ata maio

martes, 17 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

A saga de Max Payne prometía volver no mes de marzo, pero finalmente Rockstar Games anuncia que a data de lanzamento de Max Payne 3 será o 18 de maio para as versións de Xbox 360 e PlayStation 3 e o 1 de xuño para PC.
Max Payne 3 é un shooter de acción moi cinematográfica que promete unha xogabilidade de disparo precisa e fluída dentro dunha trama argumental que transcorrerá a través de distintas etapas da vida do protagonista, que non se amosará só como un ex detective que agora fai de gardacostas no Brasil, senón que tamén permitirá lembrar a súa anterior etapa en New York (para satisfacer aos amantes das súas anteriores entregas).
Entre as novidades deste título destaca a presenza de modos multixogador, levando a experiencia de acción cinematográfica ao xogo en liña.

O xogo parte dun Max Payne dedicado á protección de directivos de empresas no Brasil, que vese involucrado nun secuestro que forma parte dunha conspiración

PUBLICIDADE