Microsoft facilita en EE.UU. a compra dunha Xbox One contratando servizos de subscrición
luns, 27 de agosto do 2018
Para ampliar a base de usuarios da plataforma Xbox Microsoft
vén de lanzar un novo programa nos EE.UU. chamado Xbox All Access
que combina os servizos de subscrición Xbox LIVE Gold (que facilita o acceso ao
xogo en liña e a unha selección de xogos cada mes) e Xbox Game Pass (que facilita
o uso dunha selección dun catálogo dun cento de xogos que renóvanse
periodicamente e que inclúe os novos lanzamentos de Microsoft) cunha compra a
prazos dunha consola Xbox One.
Este novo programa ten unha duración de 24 meses, e por 21,99 dólares/mes
permite facerse cunha consola Xbox One S cun disco duro de 1 TB, mentres que
por 34,99 dólares/mes permite facerse cunha Xbox One X. Estamos ante unha
iniciativa limitada a tendas fÃsicas, que simplemente supón a compra a prazos
nunhas condicións favorables, o que semella incentivo dabondo para que certo perfil
de usuarios adquira unha nova consola de videoxogos sen ter que afrontar un
elevado pagamento inicial e podendo xogar a un impresionante catálogo de xogos
dende o primeiro dÃa. Haberá que agardar para ver se Xbox All Access ten unha boa recepción, o que poderÃa levar a que o programa se replique no resto do mundo.