Movistar mellorará a experiencia dos clientes no seu novo espazo en Compostela
luns, 28 de setembro do 2020
Movistar
inaugurou este luns 28 en Santiago un novo espazo destinado a
converterse nun dos principais puntos de encontro entre a compañía
de telecomunicacións e os seus clientes reais e potenciais. A sede
ten todos seus elementos dispostos para favorecer esta vontade de
achegamento da empresa á cidadanía.
Está
emprazada na rúa República do Salvador, no número 16, e, segundo
apunta a operadora, caracterízase pola “súa alta dotación
tecnolóxica” e polos recursos postos en xogo para “mellorar a
experiencia dos usuarios”. O espazo, “un centro de tecnoloxías
abeto e próximo ao público”, foi apadriñado na súa estrea polo
xogador turco do Monbus Obradoiro, Kartal Ozmizrak.
Tamén
chama a atención por contar con puntos de atención ao público
“innovadores, flexibles e tecnolóxicos” e por dispor dun novo
sistema de rede virtual (VDI), dun servizo de xestión do tráfico e
de sistemas de prezos integrados nos dispositivos, “que facilitan a
información solicitada polo usuario”.
Estes
detalles foron debullados na apertura oficial por Demetrio Hinojosa,
responsable comercial de Movistar en Galicia, quen lembrou que
grazas a este novo espazo os composteláns “poderán coñecer de
primeira man e interactuar cos produtos, descubrir as últimas
novidades e todo o que ofrece a televisión de Movistar”. E todo,
dixo, acompañado dos máis estritos protocolos de seguridade e
desinfección.
