Nest presenta unha cámara para exteriores
xoves, 14 de xullo do 2016
A compañía especialista en domótica adquirida por Google
hai un par de anos, Nest, quere reinventar
as cámaras exteriores, e presenta a súa nova Nest Cam Outdoor,
unha cámara de seguridade para colocar no exterior da nosa vivenda que é resistente
á auga, capta vídeo Full HD e conta coas mesmas prestacións que as cámaras de
Nest para interiores (como alertas de actividade).
Mentres outras cámaras limítanse a disparar alertas cando detectan movemento, a
cámara de Nest é capaz de recoñecer persoas (de xeito que as diferenciaremos,
por exemplo, de cans ou gatos) e outras actividades, de xeito que os avisos que
recibiremos serán de maior utilidade, o que é posible grazas á integración das
tecnoloxías de intelixencia artificial de Google.
A cámara ten un ángulo de visión e 130 graos e incluso conta con visión nocturna,
e para unha maior utilidade cando non esteamos no fogar e queiramos interactuar
con algunha visita, ofrece son bidireccional de xeito que, por exemplo,
poderiamos agradecer ao carteiro a entrega dun paquete ou indicarlle onde
deixalo. A interacción coa cámara pódese realizar comodamente a través dunha
aplicación móbil para iOS e Android
Polo momento este produto non se comercializa en España, e cómpre salientar que
este tipo de produto está asociado a servizos para tirar un bo proveito do
mesmo, de xeito que os subscritores de Nest Aware poderán gozar de gravación
continua as 24 horas, almacenamento na nube e alertas intelixentes. O produto
estará dispoñible nos EE.UU. e Canadá a partires do outono a un prezo de 199
dólares e as subscricións a Nest Aware custan 10 dólares por 10 días ou 30
dólares por 30 días.
- A cámara conta con son bidireccional para permitir conversar a distancia
Vídeo de presentación da nova cámara exterior de Nest