Google merca Nest por 3.200 millóns de dólares

luns, 13 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Matt Rogers e Tony Fadell, fundadores de Nest Labs, xunto a Larry Page (Google)

Google anunciou hoxe que pechou un acordo con Nest Labs para a súa adquisición por 3.200 millóns de dólares en efectivo, operación que non afectará ás operacións de Nest, compañía que manterá a súa identidade e dirección, pero que é un interesante paso para Google, que faise cun negocio innovador que soubo reinventar elementos comúns nos fogares e oficinas como detectores de fume e termóstatos, conseguindo que as súas alarmas sexan menos molestas e os seus consumos máis eficientes respectivamente, á vez que facilitan a súa monitorización dende dispositivos móbiles.
Nest é unha compañía nacida en 2010 que buscaba mellorar a seguridade dos nosos fogares e reducir o consumo dos sistemas de aire acondicionado mediante unha programación intelixente, para o que desenvolveron produtos que están a ter unha magnífica resposta comercial en EE.UU. e Canadá, levando a compañía a superar os 300 traballadores repartidos en 3 países. Coa compra por parte de Google esperan ter máis recursos para conseguir os seus obxectivos, e o feito de pasar a pertencer a unha compañía que promove o sistema operativo Android non suporá que deixen de dar soporte aos dispositivos móbiles de Apple para os seus produtos.

PUBLICIDADE