No xogo Rock Band 2 se anuncia que a renovación da Xbox 360 chegará en novembro

xoves, 25 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Onte confirmamos que tralo peche por mantemento de Xbox LIVE que terá lugar o vindeiro martes non chegará a agardada actualización do Dashboard de Xbox 360, e agora parece que a renovación da consola de Microsoft xa ten data, ou iso se entende dun anuncio que aparece no xogo Rock Band 2 (polo momento so publicado nos EE.UU.) no que se pode ler «proba a Nova Experiencia de Xbox en novembro», que vén a ser o máis semellante a unha confirmación da data oficiosa de lanzamento da revisión da plataforma de xogo de Xbox 360 (desbotando que o cambio chegase hoxe, como se viña rumoreando).
Os cambios en Xbox 360 se puideron ver coma un adianto na feira E3, e achegará o acceso a películas do servizo de Netflix (e outros), a posibilidade de instalar xogos no disco duro (para reducir o uso do lector de DVD durante as partidas e acelerar os tempos de espera entre fases) e os avatares que están a dar tanto que falar por parecer unha copia dos Mii da Wii.