O 112 axúdase dunha nova app para localizar a persoas en apuros
xoves, 10 de decembro do 2015
Localizar
a persoas que se atopan nunha situación de urxencia non é sempre
doado, dende o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia sábeno
moi ben. Para
superar este atranco o 112 conta xa cunha nova aplicación que fará
máis sinxela a localización de persoas en apuros. O xerente da
AXEGA, Juan José Muñoz, presentaba onte esta aplicación de
xeolocalización chamada Alpify,
nun acto no que tamén participaron o vicepresidente da Xunta,
Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Emerxencias e
Interior, Luís Menor.
A
aplicación ten un manexo ben simple: con só premer o botón
vermello de emerxencia, enviarase un aviso ao 112, que recibirá a
situación da persoa que pide o auxilio, xa sexa en zonas urbanas ou
de montaña. No caso de perder a cobertura do móbil, a aplicación
envía unha mensaxe de texto ao 112 e sitúa a urxencia para o centro
coordinador cun rango de erro de entre 3 e 10 metros.
Grazas
á ferramenta, o CAE 112 poderá localizar con maior precisión a
través de GPS cando unha persoa chame ao Centro de Atención ás
Emerxencias, poderase localizar a persoas que fosen dadas por
desaparecidas; enviar alertas adaptadas á localización onde se
atopa a persoa; e “con importantes vantaxes na procura de persoas
maiores con senilidade e para reforzar a seguridade en zonas rurais”,
fíxose saber na presentación.
A
aplicación, engadiuse, permitirá ao usuario conectar directamente
co 112 Galicia, dende onde localizarán a súa situación e o
traxecto realizado nas últimas horas para poder emprestarlle a axuda
que precise.
O
emprego desta ferramenta, baseada na tecnoloxía GPS, 4G/3G/GPRS e
GSM, permitirá que, no caso de aviso por parte dunha
os servizos de emerxencias poidan coñecer exactamente a súa
situación ou o percorrido realizado ata chegar ao punto no que se
atopa, o que permitirá reducir os tempos de resposta.
Descargable
pero aínda non en galego
Alpify
pódese
descargar de balde dende o propio smartphone
en Iphone, Android e Blackberry ou a través da web
da app. Por
desgraza, a ferramenta non se atopa aínda en galego, cousa
que os medios e os internautas da nosa terra están a pór no punto
de mira das súas críticas, incidindo no feito de que Alpify só
está dispoñible en castelán, catalán, inglés e francés
(agardamos que esta situación se arranxe e axiña poidamos contar
con versión na nosa lingua).
O
xerente da AXEGA, Juan José Muñoz, presentaba onte esta aplicación
de xeolocalización, nun acto no que tamén participaron o
vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral
de Emerxencias e Interior, Luís Menor.
