O Ai Pin iniciará a súa distribución en marzo
venres, 22 de decembro do 2023
En novembro presentouse
oficialmente o Ai Pin de Humane, un trebello que aspira a substituÃr ao
smartphone, dicindo adeus á pantalla e optando por unha interacción máis
natural coa tecnoloxÃa, grazas ás posibilidades da intelixencia artificial.
O Ai Pin sae á venda inicialmente nos EE.UU.
a un prezo de 699 dólares, aos que haberÃa que engadir unha mensualidade de 24
dólares para poder empregar o dispositivo e gozar de conectividade móbil a
través do operador T-Mobile.
AÃnda que é unha incógnita a recepción comercial que terá un dispositivo tan
diferente ao que estamos afeitos, o que xa se sabe é cando chegará finalmente ao
mercado, pois Humane
vén de anunciar que os envÃos do Ai Pin comezarán en marzo de 2024.
Os envÃos deste trebello realizaranse respectando a orde dos pedidos, aÃnda que
non parece que haxa ringleiras de persoas agardando por adquirir un produto que
ninguén puido probar no mundo real, e cunhas prestacións e un formato máis que
discutible. O que si parece claro é que pode marcar os pasos a seguir no futuro
ao establecer novos xeitos de relacionarnos coa tecnoloxÃa, aÃnda que sexa con
dispositivos máis habituais como un reloxo ou uns auriculares.