O Apple TV chega oficialmente a España

xoves, 11 de novembro do 2010 Marcus Fernández

A compra e aluguer de películas a través de iTunes dende España é unha nova que non chega soa, senón que esta mesma semana Apple pon á venda en España o seu novo Apple TV, un dispositivo de reprodución multimedia que podemos conectar ao televisor para amosar fotografías e música de iTunes almacenada nun ordenador, alugar películas de iTunes, visualizar vídeos de YouTube… por un prezo de 119 euros, o que parece bastante elevado para un dispositivo que non soporta vídeo a 1.080p e que vese superado por moitos competidores. Sen ir máis lonxe, o web:tv de Blusens é moito máis completo tanto na reprodución multimedia, como en prestacións adicionais (incorpora sintonizador de TDT de alta definición con posibilidades de gravación).
Aínda que o novo Apple TV vai ter complicado atopar un espazo no mercado, existe a posibilidade de que faciliten a venda de aplicacións para o mesmo, o que podería incrementar considerablemente as súas posibilidades e o seu atractivo, pois este trebello traballa cun sistema operativo semellante ao do iPhone.

Nos EE.UU. Apple TV permite o acceso a servizos coma Netflix, mentres que en España o trebello padece unha seria carencia de contidos.

PUBLICIDADE