O Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos dispoñible en liña
luns, 10 de xullo do 2023
A Xunta de
Galicia activou unha páxina web para garantir o acceso de toda a cidadanÃa á versión dixital do Atlas
da Paisaxe dos Camiños Xacobeos, un documento publicado
en formato papel no ano 2022 cun total de 83 ortofotos históricas e actuais
que permiten comprobar a evolución da paisaxe pola que discorren as diferentes
rutas xacobeas ao longo dos últimos 50 anos.
O libro dixital,
ademais, inclúe 241 fotografÃas nun volume de 770 páxinas agrupadas en 65
capÃtulos, 1 por cada etapa das 9 rutas seleccionada: o Camiño de Inverno; a
VÃa da Prata; o Camiño portugués; a Ruta do mar de Arousa e rÃo Ulla; o Camiño
Inglés, o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo, o Camiño Francés e o Camiño de
Fisterra e MuxÃa.
Todos os
documentos gráficos preséntanse en alta calidade nunha narración a catro
páxinas e en tres idiomas (galego, castelán e inglés) que, grazas ao fÃo
condutor do Camiño de Santiago, permite coñecer as diferentes paisaxes galegas
tanto naturais como construÃdas.
Cómpre lembrar que este Atlas foi elaborado polo
Instituto de Estudos do Territorio, organismo dependente da Vicepresidencia
Segunda e ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no marco da
chamada Colección Paisaxe Galega, unha serie de publicacións que teñen como
obxectivo dar a coñecer as distintas formas de paisaxe existentes na
Comunidade, fomentando a adopción de boas prácticas enfocadas á súa
conservación e ao impulso da cultura do fermosismo.
