O BBC iPlayer convértese nunha canle da Wii
luns, 16 de novembro do 2009
A BBC leva moitos
meses procurando que os seus contidos cheguen ao seu público polo maior número
de plataformas posibles, e aÃnda que en abril de 2008 xa contaban cunha versión
web do BBC iPlayer que funcionaba no navegador web da Wii de
Nintendo, quixeron ir máis adiante e os usuarios británicos poderán descargar
de balde a partires do dÃa 18 da tenda de aplicacións da Wii unha
versión nativa do reprodutor multimedia da BBC para a consola doméstica, que
permite seguir tanto os programas e series de televisión como as emisións
radiofónicas dende a comodidade da consola, que habitualmente xa está conectada
a un televisor, polo que converte a Wii nunha set-top-box revolucionaria.
Deste xeito, os usuarios da Wii poderán ter no propio menú principal da consola
unha canle dispoñible dende a que acceder aos contidos da BBC sempre que a Wii
estea conectada á Internet. Un interesante xeito
de levar o BBC iPlayer ao televisor do salón.

- Imaxe de Dan Taylor amosando o funcionamento da versión web do BBC iPlayer para a Wii
