O CPETIG organiza un curso sobre a xeración de negocio con aplicacións móbiles
xoves, 14 de abril do 2011
O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de
Galicia (CPETIG) organiza en Santiago de Compostela (concretamente no Gran
Hotel Santiago sito na Avenida do Mestre Mateo, 27), os días 6 e 7 de maio,
unha acción formativa sobre Como Xerar Negocio coas Aplicacións Móbiles.
O curso está aberto a todos aqueles que queiran recibir formación sobre
mobilidade e as distintas liñas de negocio a que pode dar lugar.
Os colexiados
no CPETIG, así como os estudantes de informática das universidades galegas,
obterán importantes descontos na matrícula deste curso, dividido en dous
módulos, que dirixirá o director
xeral e fundador de TeCHmi e
co-fundador de Slash
Mobility, Emilio Avilés Ávila.
A acción formativa desenvolverase
no Gran Hotel Santiago (Avenida Mestre Mateo 27) e o número de prazas
dispoñibles será de 25 por módulo formativo. O prazo para a inscrición no curso
remata o vindeiro 2 de maio.
O curso dividirase en dous módulos perfectamente diferenciados. De feito, a
matrícula pode formalizarse para un dos módulos de xeito independente ou para
ambos.
No primeiro módulo, o que se desenvolverá o 6 de maio, os asistentes recibirán información sobre as tendas de aplicacións móbiles, sobre os modelos de negocio Android baseados en aplicacións (apps), sobre como promocionar a nosa apps ou sobre o futuro deste tipo de negocios.
No segundo dos módulos, titulado Introdución á Mobilidade, realizarase un achegamento á tecnoloxía móbil para despois afondar no tema das redes e dos dispositivos móbiles. Tamén se abordará o asunto da implantación das plataformas e tecnoloxías móbiles nas empresas e do retorno de inversión que leva adxunto a inversión na mobilidade.
Os seus contidos serán os seguintes:
Módulo I. Como xerar negocio con aplicacións móbilesAs tendas con aplicacións móbiles
Modelos de negocio basados en aplicacións (APPS)
¿Como proporcionar a nosa APPS?
Futuro
Módulo II. Introdución á mobilidadeIntrodución á tecnoloxía móbil
Redes móbiles
Dispositivos móbiles
Tecnoloxías móbiles nas empresas
Implantación de plataformas móbiles
O retorno de inversión (ROI) na mobilidade
