O GTA: San Andreas se incorporará ao Bazar de Xbox Originals
xoves, 16 de outubro do 2008

- O GTA de máis éxito poderase mercar como descarga para Xbox 360
O éxito da
edición de Grand Theft Auto IV non
desmerece as anteriores entregas da saga de Rockstar, e para continuar a
rendibilizala, o Bazar de Xbox LIVE incorporará na súa colección de tÃtulos de
Xbox Originals (xogos da anterior consola de Microsoft que funcionan no modelo
novo e se poden adquirir mediante descarga) o Grand
Theft Auto: San Andreas, que saÃra en 2004 para a primeira
consola Xbox (e para PS2) acadando unhas vendas que aÃnda o sitúan como o tÃtulo
máis vendido da saga con 21,5 millóns de copias (mentres que o GTA IV aÃnda vén de superar os 10
millóns de unidades vendidas).
O GTA:
San Andreas poderase descargar por 1.200
Microsoft Points (uns 14,4 euros) polo que é unha boa opción
para os que gusten deste tipo de xogos e non queren pagar os 69,95 euros que
custa a última entrega ou simplemente queren rememorar a experiencia de xogo do
vello tÃtulo.
