O Grupo Aldaba dá un novo impulso á súa estrutura organizativa
luns, 30 de xaneiro do 2023
O
Grupo Aldaba,
referente do ámbito TIC galego e estatal (cun
volume de negocio superior aos 11 millóns de euros e un persoal de
180 persoas),
anunciou
cambios nas súas estruturas directivas e organizativas, “ao
abeiro
dun proceso perfectamente orquestrado para afrontar o crecemento
experimentado nestes anos e o que se espera para os próximos, e
garantir unha substitución xeracional, pero mantendo a esencia de
seriedade e calidade de servizo que sempre nos caracterizou”.
Así
o comunicou Enrique Fernández, un dos seus socios fundadores, o
venres 20 de xaneiro na xuntanza
anual do persoal, celebrada no Palacio de Exposicións e Congresos da
Coruña, coincidindo co 20 aniversario da súa creación.
Os
que ata agora eran socios-directores das empresas do grupo
(Manuel
Simal, José Antonio Castelao e Enrique Fernández)
pasan a liderar, desde o consello
de administración,
o proceso de expansión e establecer as liñas estratéxicas a seguir
nas diferentes sociedades da
compañía tecnolóxica.
Así mesmo, Patricia Balado Liñares, directora
xeral
dunha das sociedades do holding,
será a directora
de Control
de Xestión
a nivel de grupo,
e Ariana Carro Patiño será a directora
de Talento, Cultura e Impacto Positivo.
Manuel
Linares Franco é o novo director
xeral.
Nado en 1975, é enxeñeiro
informático
pola Universidade da Coruña. Acumula máis de 20 anos de experiencia
no sector TIC, os últimos 17 no persoal de Aldaba,
onde conformou e dirixiu a área de Enxeñería de
Software, alcanzando unha achega do 70% dos ingresos da compañía.
Acompañaranlle, no comité
de dirección,
Javier Iglesias Fiaño como director
de Control de Operacións, e Pablo Viqueira Gómez como director
de Sistemas de Información.