O Kindle Oasis inclúe unha funda que incrementa a súa autonomía

mércores, 13 de abril do 2016 Marcus Fernández

A semana comezou coa filtración do novo lector de libros electrónicos de Amazon, que parecía un produto incluso podería parece inferior aos seus predecesores por recuperar o uso de botóns físicos, pero hoxe estreouse oficialmente o Kindle Oasis e finalmente estamos ante o produto máis caro da súa familia, xa que estamos ante o eReader máis avanzado, máis lixeiro, con maior autonomía e un deseño que dende o punto de vista dun lector podemos considerar máis atinado.
O Kindle Oasis supón a reinvención desta familia de dispositivos, ofrecéndose con funda en cor burdeos, negra ou nogueira e conexión Wi-Fi a un prezo de 289,99 euros (aos que habería que sumar 60 euros se queremos o modelo con conectividade 3G de balde), afastándose moito dos 79,99 euros dun Kindle básico ou incluso dos 189,99 euros dun Kindle Voyage, polo que enténdese que está pensado para usuarios moi intensivos.
O novo trebello ten unha pantalla táctil de cristal máis sólida, un marco máis lixeiro, e a súa pantalla de 3,4 milímetros de grosor dálle un aspecto estilizado, pero que combínase cunha parte do dispositivo destinada a unha suxeición ergonómica (cun grosor de até 8,5 milímetros) que inclúe botóns para o paso de páxina cunha soa man. Amais, o deseño é ambidextro, xa que o Kindle Voyage inclúe sensores para detectar a súa posición, de xeito que pode xirarse 180 graos para empregalo coa outra man.
Aínda que o novo Kindle mantén a resolución de pantalla de 300 puntos por polgada, a luz de lectura integrada ten agora un 60% máis de luces LED, conseguindo así unha maior uniformidade do brillo da pantalla (conseguindo unha sensación de lectura máis agradable e moi diferente da que se ten con tabletas retroiluminadas, xa que neste caso a iluminación é frontal).
Pero non só cambio o lector de libros electrónicos en si mesmo, senón que garda un grande as na súa manga: a súa funda de coiro de alta calidade. Non só protexe o lector e dálle un acabado elegante, senón que tamén integra batería, de xeito que o Kindle Voyage pode manter a súa carga durante meses (grazas en boa medida por un modo de hibernación que minimiza o consumo de enerxía cando o Kindle non está en uso.
O lector solto ten un peso de 131 gramos, mentres que coa funda chega até os 238 gramos, manténdose nun rango de peso confortable para a lectura durante moitas horas.
Aínda que xa está dispoñible para a súa reserva, o produto non sairá á venda até o 27 de abril.

O Kindle Oasis pode adquirirse con funda dispoñible en tres cores distintas

PUBLICIDADE