O Nokia 3310 poderase mercar a partires do vindeiro dÃa 24
martes, 16 de maio do 2017
No marco do Mobile World Congress de Barcelona presentouse
ao mundo o novo Nokia 3310, un teléfono móbil afastado dos smartphones, que
recuperaba o nome dun terminal considerado como todo un clásico, á vez que
copia lixeiramente a súa estética, buscando asà converterse no referente dentro
do rango dos teléfonos básicos.
Curiosamente o público prestoulle moita atención ao anuncio deste teléfono,
pese a ter un prezo superior ao habitual neste rango de produtos (venderase a
49 euros, cando o normal serÃa entre 20 e 30 euros) e finalmente sábese cando estará
dispoñible para o público español: o vindeiro dÃa 24.
O Nokia 3310 é un
teléfono cunha pantalla de 2,4 de cor e con certa curvatura (moi diferente agochada e protexida pantalla monocromo
do teléfono orixinal), ten cámara de 2 MpÃxeles, radio FM e reprodutor de MP3
(pode cargarse a música mediante tarxetas de memoria de até 32 GB) e como
conectividade de datos só teriamos GPRS (ou sexa, 2G) de xeito que poderiamos
dicir que non serve para acceder á Rede nin a servizos como WhatsApp, o que
para moitos supón un xeito de desenganchar
manténdose localizable en caso de emerxencia, ao que tamén axuda que o teléfono
prometa até 22 horas de autonomÃa en conversa e até un mes en espera.
Haberá quen o vexa como un terminal secundario axeitado, pero o seu deseño e o
seu prezo parecen deixar claro que é un simple produto que pretende
aproveitarse da nostalxia, de xeito que non deberÃa de sorprender que moitas
das súas compras correspondan simplemente a un capricho.
VÃdeo promocional do Nokia 3310