O OnePlus 6T agocha o seu lector de pegadas dixitais na pantalla
luns, 29 de outubro do 2018
O
fabricante chinés OnePlus non quere quedar atrás, e renova o seu produto
estrela, de xeito que xa temos o OnePlus
6T, smartphone a partires do 6 de novembro poderase conseguir por a
partires de 549 euros para o modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento,
que custará 579 euros no caso de querer equipalo con 8 GB de RAM e 629 euros de
queremos chegar tamén até os 256 GB de almacenamento interno.
O cambio máis destacable desta revisión do OnePlus
6 é que agora o sensor de pegada dixital está situado na propia pantalla, o
que non impide que teña unha grande velocidade (recoñece a pegada en só 0,34
segundos). Pero este redeseño tamén ten un cambio un tanto polémico: a
eliminación do conector de autoriculares para incluÃr un adaptador un adaptador
de auriculares a USB-C.
O OnePlus T conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 845, unha pantalla Optic
AMOLED de 6,41 polgadas que ocupa o 86% da frontal do terminal, unha cámara
traseira dual de 20 + 16 MpÃxeles que agora inclúe tamén un modo nocturno (caracterÃstica
que tamén recibirá o OnePlus 6 a través dunha actualización de software), e
tampouco queda curto en autonomÃa grazas á súa baterÃa de 3.700 mAh con carga
rápida (de xeito que pode recargarse a baterÃa en só media hora).
Dende OnePlus confÃan en que este produto poida ter grande éxito internacional,
de aà que nos EE.UU. vaia
comercializarse a través do operador T-Mobile (a primeira vez que o
fabricante fai algo semellante, xa que normalmente vende os seus produtos
directamente).
Na presentación deste terminal, o director xeral de OnePlus, Pete Lau, asegurou
que están
a traballar para lanzar un smartphone con 5G en Europa a primeiros do ano que
vén, para o que xa están a colaborar con Qualcomm, que é a compañÃa que irá
da man de OnePlus para achegar tal innovación ao mercado.