O Portal Abert@s incorpora información sobre a contratación pública de Galicia
luns, 25 de xuño do 2012
Os datos
recollidos na Plataforma de Contratación Pública de Galicia están dispoñibles
desde esta semana no Portal Abert@s da Xunta. Asà as empresas e cidadáns
que o desexen poden acceder a esta información en formatos abertos, o que lles
permite reutilizalos e crear posibles aplicacións e prestacións.
Esta é a
ultima incorporación a esta iniciativa Open Data da Xunta, que se puxo en
marcha en marzo para facilitar o acceso á información xerada pola
Administración para a súa reutilización.
Nas últimas
semanas publicáronse en Abert@s outros conxuntos de datos como os Mapas
de delimitación oficial do Camiño Francés, que ofrecen documentación
gráfica desta parte do camiño. Está dispoñible en arquivos en formato KML que,
unha vez descargados, permiten a súa visualización e o intercambio de
información xeográfica.
Tamén se incorporou á Abert@s a predición
marÃtima para portos e confrarÃas de Galicia con información sobre o estado
do ceo, a forza e a velocidade do vento, temperatura, altura, dirección do mar,
temperatura da auga e perÃodo da onda. Poden consultarse tanto os datos da
xornada en curso como a predición para as dous dÃas seguintes, cunha frecuencia
de actualización de 2 veces ao dÃa.
Xa se poden
consultar tamén os datos do horario no que se produce o orto e o ocaso -comezo
e fin do dÃa- nas cidades galegas e nos portos da Coruña, Vigo, VilagarcÃa,
Ferrol RÃa de Foz, Corcubión, RÃa de Camariñas, RÃa de Corme, A Guarda,
Ribeira, Muros e Pontevedra.
Mapa dos servizos
sanitarios de Galicia
Outra das novidades de Abert@s é o Mapa
de distribución dos servizos sanitarios que ofrece o Sistema Público de
Saúde de Galicia. Inclúe todos os datos de localización, contacto e coordenadas
das farmacias, centros de saúde, hospitais e centros de especialidade. Está
dispoñible en formato KML.
Iniciativa premiada
Experiencias é o espazo do portal Abert@s no se presentan algúns exemplos de utilidades que xa foron desenvolvidas a partir da reutilización de información xerada pola Administración galega. Unha estas aplicacións, Galitempo, resultou gañadora do I Premio Open Data convocado polo Colexio Profesional de EnxeñerÃa en Informática de Galicia.
