O Servizo Galego de Saúde renova o expediente profesional electrónico

mércores, 6 de abril do 2016 Redacción

A partires do vindeiro 12 de abril, ao acceder á plataforma do expediente profesional electrónico (FIDES), os usuarios e profesionais inscritos nos distintos procesos de selección e provisión do Servizo Galego de Saúde, visualizarán a aplicación de maneira diferente, sen modificación de contidos, pero cunha serie de melloras como a adaptación da pantalla para aproveitar ao 100% a fiestra de visualización, podendo observar na mesma pantalla a relación de méritos xunto co mérito detallado, ou a implementación dun novo menú lateral (expansible ou contraíble) que facilita o acceso ás opcións da aplicación.
No menú inicial de FIDES pódense consultar as axudas para o acceso, visualización de baremos de procesos ou novidades con respecto á anterior versión.
O Servizo Galego de Saúde segue así a modernizar as súas aplicacións, cun deseño sensible e renovado, máis homoxéneo coa nova imaxe corporativa da organización, e introduce unha adaptación gráfica compatible con dispositivos táctiles, co fin de facer máis atractiva a navegación e a usabilidade en FIDES.