O Sony Xpera Tablet Z anúnciase como o tablet de 10 polgadas máis lixeiro e delgado do mundo
luns, 21 de xaneiro do 2013
Parece que 2013 vai ser o ano no que Sony recupere boa parte
da súa presenza no sector móbil, tanto polos seus novos smartphones con Android
(que prometen converterse en referentes do mercado grazas a terminais
impresionantes como o Xperia Z que
presentouse hai poucos días en Las Vegas) coma polos tablets, dispositivos
nos que a compañía nipoa non conseguía destacar, e que agora podería conseguilo
grazas ao novo Xperia
Tablet Z, un dispositivo con pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de
1.920 x 1.200 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 32
Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), cámara de 8
Mpíxeles e sistema operativo Android 4.1, un peso de 495 gramos, que cun grosor
de só 6,9 milímetros chega incluso a ser máis delgado que o iPad mini (que ten
un grosor de 7,2 milímetros).
Este novo tablet tamén contará con conectividade LTE (4G) e NFC, estará
dispoñible en branco e negro e chegará na primavera ás tendas xaponesas,
descoñecéndose polo momento cando será a súa comercialización internacional e o
seu prezo. O Sony Xperia Tablet Z non só sería o tablet de 10 polgadas máis
lixeiro e delgado do mundo, senón que tamén será
resistente á auga e ao po, polo que estariamos ante un produto que busca
gañarse un oco a pulso.