O ciclo en liña de Historias de ida e Volta documenta o secuestro do transatlántico Santa María
martes, 22 de febreiro do 2022
Con
motivo de dar conta dos acontecementos que rodearon ao secuestro do
transatlántico Santa María, unha acción de loita contra o
réximes autoritarios de España e Portugal da que moitos de nós
aínda descoñecemos boa parte dos seus detalles, o Consello da
Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración achegaron na Rede
un especial que documenta este episodio anti-fascista da nosa
historia recente, protagonizado ademais por tres galegos: o
ex-capitán Henrique Galvao, Xosé Velo Mosquera e José Fernando
Fernández Vázquez, chamado comandante Sotomayor. O
secuestro de Santa María xa se pode coñecer ao detalle a través do
ciclo de especiais dixitais Historias de ida e volta,
iniciativa do Arquivo do Emigración CCG co apoio da Secretaría
Xeral.
Inclúe
vinte imaxes e documentos procedentes deste arquivo ofrecen unha nova
lectura dun episodio da nosa historia recente que deu a volta ao
mundo.
O
navío Santa María é a Operación Dulcinea é o nome dunha nova
entrega do especial que dá conta dun feito histórico que, segundo
informa o CCG, “pretendía chamar a atención sobre as dictaduras
ibéricas co secuestro dun trasatlántico”. A historia, que deu
lugar a documentais e películas sobre o tema, ofrécese agora a
través de vinte imaxes que proceden de fondos e coleccións
depositadas no Arquivo da Emigración Galega.
A
escolma do material ofrece imaxes do trasatlántico; do folleto co
que a navieira, a compañía portuguesa Companhia Colonial de
Navegaçao, cubrían a chamada ruta caribeña, con amarres nos portos
de Vigo, Lisboa, Madeira, Tenerife, A Guaira en Venezuela, Curaçao,
San Xoán de Porto Rico e Miami. No folleto pode verse como ofertaba
unhas instalacións modernas e de gran calidade, con capacidade de
máis de 1100 pasaxeiros e unha tripulación de 355 persoas para
atendelos coa maior eficacia; un billete e unha imaxe da cafetería.
O
especial inclúe o Jornal do Santa Maria, publicado pola
tripulación do barco para os pasaxeiros da nave co obxectivo de
informalos das actividades organizadas para o seu desfrute, ademais
de dar consellos de boas maneiras para ter unha boa viaxe e notas de
cociña, textos literarios ou noticias de deportes. Neste especial
aparece o número redactado polo comando que secuestrou o buque e que
se distribuíu aos pasaxeiros o día 24 de febreiro. Nel infórmase
sobre as intencións do secuestro e defenden a lexitimidade do
secuestro político do buque e da súa loita contra o réxime de
Salazar. Para tranquilidade dos pasaxeiros, deixa claro que os que o
desexarán poderían desembarcar nun porto neutral sen ningún tipo
de dano. No escrito aparece que o comando estaba ao mando do Capitán
Henrique Galvâo, como representante do xeneral Humberto Delgado,
presidente electo de Portugal, e do DRIL.
