O goberno chino quere obrigar a usar datos reais nos blogs

xoves, 23 de agosto do 2007 Matías Olazabal

Mediante unha iniciativa do goberno chinés asinada xunto con polo menos unha decena dos máis importantes servizos de blog do país, aqueles internautas que queiran publicar comentarios na Rede deberán rexistrarse co seu verdadeiro nome e datos de contacto, segundo o informado nun artigo publicado polo xornal de novas Msnbc. A nova lexislación tentaría dalgún xeito controlar o ciberespacio do país da Muralla, no que preto de 137 millóns de persoas fan uso da rede (30 millóns ten rexistrados blogs e 100 millóns visítanos decote), obrigando ós responsables das bitácoras a pedir a quen se dea de alta nestes sitios que inclúan nome, enderezo, datos de contacto e conta de e-mail verdadeiros, que se ben non serían publicados no blog, quedarían nos arquivos da empresa.

De momento, e de acordo coa normativa vixente, as compañías emprestadoras destes servizos non estarían na obriga de cumprir con este acordo, malia que no caso de que se publicara “información ilegal” nun blog no que se permita o uso de pseudónimos, os provedores deste servizo serán “castigados polo goberno”. Entre os contido prohibidos o informe fala de pornografía, críticas malintencionadas a outras nacións, culturas, relixións e costumes culturais. Non se menciona –por ser unha obviedade- que nesta categoría de información ilegal seguramente se clasifique calquera crítica ao goberno.

PUBLICIDADE