O investigador Borja González Valdés acadou o cuarto posto na competición MyGalileoDrone

xoves, 25 de marzo do 2021 Sandra Rivadulla

O investigador Borja González Valdés, membro do Grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas da Escola de Enxeñaría e Comunicación da Universidade de Vigo, acadou o cuarto posto na competición MyGalileoDrone. Este premio non é o primeiro que acada o grupo COM neste tipo de certames. Xa en 2019, co proxecto CX-Geodrone, a empresa foi seleccionada entre máis de 300 propostas emprendedoras de toda Europa baseadas na navegación por satélite.
O certame MyGalileoDrone foi organizado pola axencia europea Global Navigation Satellite Systems e nel participaron un total de 200 proxectos de toda Europa. Así, o proceso durou seis meses e os candidatos foron eliminados en tres cortes. Cabe resaltar que a candidatura da Universidade de Vigo foi a única española que finalmente conseguiu un galardón nesta edición.
Valdés ensinou no concurso como utilizar a aplicación 5GBeamCheck, a cal permite emplear un vehículo aéreo non tripulado para diagnosticar antenas 5G beamforming de maneira eficiente. Dita ferramenta, enmarcada no eixo do proxecto Raytrack e apoiada pola axencia de innovación GAIN a través do programa Ignicia, pretende diagnosticar antenas 5G con capacidade de beamforming. De feito, a UVIGO explica que “esta tecnoloxía realiza unha diagnose in situ da capacidade da antena para xerar eses feixes en diferentes direccións”.

PUBLICIDADE