O programa Girl STEM entrevista á primatóloga Rebeca Atencia
xoves, 12 de novembro do 2020
Esta
semana Girl STEM conversa cunha veterinaria ferrolá, Rebeca Atencia, que
está á fronte do centro de rehabilitación de chimpancés de Tchimpouga
(República Democrática do Congo), dependente da Fundación Jane Goodall.
AGASOL e a Xunta de Galicia, a través da AMTEGA, continúan
asà este ciclo de conversas, enmarcado no Plan de Promoción do Talento
Dixital da AMTEGA, que busca a reducir a fenda de xénero que existe entre
mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñerÃa e
Matemáticas).
Nesta edición, o programa Girl STEM transfórmase nunha
acción totalmente dixital e pedagóxica para adaptarse ás circunstancias
impostas pola covid-19 e para avanzar cara dinámicas máis eficaces que acheguen
recursos cos que traballar de forma transversal nas aulas de todos os centros
de ensino de Galicia.
AsÃ, AGASOL fará chegar aos centros de ensino galegos a conversa
con Rebeca Atencia en formato de pÃlula audiovisual, acompañada dunha unidade
didáctica, coa súa biografÃa, a explicación do seu traballo e os proxectos que
está a desenvolver. As conversas publicaranse tamén nas canles da AMTEGA.
Na actualidade, Rebeca Atencia dirixe o Centro de
Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, situado na República Democrática do
Congo e dependente do Instituto Jane Goodall. Neste centro fundado no 1992
coidan e protexen a uns 160 chimpancés co propósito de devolvelos á selva ao
tempo que desenvolven un labor de educación e sensibilización sobre estes
animais dirixido á poboación da zona. O centro ofrece un santuario aos
exemplares de chimpancé en situación de orfandade, vÃtimas do comercio ilegal
de carne de animais salvaxes ou de animais de compañÃa.
No 2011 o Instituto Jane Goodall (JGI) negociou con éxito co
goberno do Congo a expansión a tres illas situadas no rÃo Kouilou, onde o JGI
poderá recolocar a uns 120 chimpancés que actualmente viven no santuario. AlÃ,
os chimpancés vivirán nun hábitat máis natural e reducirase o amontoamento de
Tchimpounga. Ata o de agora, 57 dos chimpancés máis fortes e mellor preparados
foron recolocados nas illas Tchindzoulou, Ngombe e Tchibebe.
Na conversa, realizada por Bárbara Román, avogada
responsable de Nolegaltech -unha empresa galega especializada en dereito
tecnolóxico- Rebeca Atencia afirma que «ao principio ser muller foi un
impedimento, pero ao final transformouse en algo positivo porque acabaron dando
máis valor ao meu traballo». Neste sentido, a primatóloga aconsella ás rapazas
novas «que crean nelas mesmas, se realmente soñan con algo, por moi raro e
inalcanzable que pareza».
O vindeiro xoves o programa Girl STEM publicará a conversa
coa referente Dhaunae de Vir, desenvolvedora de negocio transmedia; e Gisela
Vaquero, deseñadora de videoxogos, entrevistadas por Luz Castro.
VÃdeo coa entrevista a Rebeca Atencia
