O tablet ARCHOS 80 G9 xa está dispoñible con disco duro de 250 Gb
xoves, 29 de decembro do 2011
- Ao funcionar con Android 3.2 estamos ante un tablet bastante completo
A semana pasada anunciamos que ARCHOS vai pór á venda nos
vindeiros dÃas un
tablet con pantalla táctil capacitiva de 7 polgadas e sistema operativo Android
3.2 por só 199 euros, polo que serÃa un dos dispositivos deste tipo máis
competitivo do mercado, pero en vista de que será difÃcil conseguilo de cara
aos agasallos de Reis, podemos recomendar unha alternativa un pouco máis cara,
pero igualmente interesante: o tablet ARCHOS
80 G9. Falamos dun tablet con pantalla de 8 polgadas cunha resolución de
1.024 x 768 pÃxeles, cun procesador OMAP4 a 1 GHz, Android 3.2, Wi-Fi N e a
posibilidade de dotalo de 3G mediante un dispositivo USB externo, que véndese
por 249,99 euros na súa versión con 8 Gb de almacenamento interno (e leva
un tempo dispoñible en tendas fÃsicas españolas). Tamén conta cunha versión
con 16 Gb de almacenamento que custa 279,98 euros (e que conta cun
procesador a 1,2 GHz, e algunhas
tendas xa o comercializan a só 258 euros), e no Reino Unido veñen de
estrear unha versión que en vez de contar con almacenamento SSD opta por un
disco duro interno, de xeito que por
249,99 libras (297,25 euros) pode mercarse un tablet cunha impresionante
capacidade de 250 Gb, algo que non é nada habitual nun trebello deste tipo.
Cómpre destacar que estamos ante un tablet con pantalla cunha relación de
aspecto 4:3, coma o iPad, de xeito que terÃa unha superficie un 46,72% superior
que unha pantalla de 7 polgadas en 16:9, polo que estariamos ante produtos
claramente diferenciados, podendo considerarse ao ARCHOS 80 G9 como unha das
mellores alternativas ao tablet de Apple, tanto polo seu prezo como por gozar
con prestacións como soportar contidos Flash en páxinas web, reproducir vÃdeos
en numerosos formatos, poder ampliar a súa capacidade interna mediante tarxetas
microSDHC, contar con saÃda HDMI (para ver os contidos en alta definición nun televisor) e contar con GPS e compás dixital para permitir a navegación por
satélite.
- O ARCHOS 80 G9 conta con GPS e compás dixital