O teletraballo medra en Galicia: o 20% das persoas ocupadas desfrutan desta opción

luns, 12 de xullo do 2021 Pedro Pérez

Coa irrupción da pandemia pola COVID-19, a opción do teletraballo medrou en Galicia. Segundo o novo informe sobre sociedade dixital en España relativo ao período 2020-2021 elaborado pola Fundación Telefónica, un 20,5% das persoas ocupadas da comunidade poden traballar desde a casa. O confinamento fixo que moitos empresarios comezaran a considerar un modelo semipresencial para seus negocios que tamén lles axude a manter e atraer talento.
O informe sinala tamén que o 61% das pemes españolas facilitará o teletraballo aos seus empregados nos vindeiros seis meses. “O teletraballo deixou de ser unha costume residual para converterse en poucos meses nunha necesidade en moitas organización, cuxa continuidade de negocio foi posíbel grazas a que os empregados puideron seguir traballando desde seus domicilios”, destacou Belén Espejo, experta en dixitalización do posto de traballo en Telefónica Empresas.
Neste contexto, Telefónica vén de crear un Libro Blanco de Teletraballo que se divide nas seguintes sección: introdución e contexto, modelos de traballo a distancia, novo entorno tecnolóxico do empregado, recomendacións para o espello de traballo, xestión do cambio e glosario de términos. Deste xeito, o libro trata de explicar o contexto legal actual, crear novos espazos de traballo e describir os pasos que hai que seguir para facer o cambio de cultura e incorporar novas capacidades dixitais ao traballador.

PUBLICIDADE