Os Nexus 5X e 6P baixan de prezo para celebrar o San Valentín

mércores, 27 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Para os amantes dos smartphones da familia Nexus, chega unha interesante oferta (co gallo do día de San Valentín) para os consumidores europeos (que padeciamos un prezo abusivo nos últimos terminais) que durará até o 12 de febreiro, de xeito que os Nexus 5X teñen un desconto de 80 euros, quedando en 349 e 399 euros para os seus modelos de 16 e 32 GB; mentres que os Nexus 6P pasan a custar 549 e 699 euros nos seus modelos de 64 e 128 GB (o que supón un aforro de 100 euros).
Aínda que estes novos prezos continúan a ser un chisco superiores ao que estamos afeitos na conversión euro-dólar, a promoción sitúa os teléfonos de Google nun rango de prezos máis asumible para os que busquen un terminal con actualizacións rápidas garantidas.

PUBLICIDADE